Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9857

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, nomeado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo).

En sesión que tivo lugar o día 12 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 21 de xullo de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron o resultado de apto/a.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde de convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

M.ª José García Sexto
Presidenta do tribunal