Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9854

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Física Aplicada.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Física Aplicada pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Física Aplicada

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo e A Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

  0

Optativas

48

Prácticas Externas

  0

Traballo Fin de Máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos.

Especialidade: Física Aplicada aos Materiais

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Física de Dieléctricos

6

Optativo

Descricións Xerais

Física de Disolucións

6

Optativo

Física dos Fenómenos Críticos

6

Optativo

Materiais Poliméricos

6

Optativo

Técnicas Experimentais en Termofísica

6

Optativo

Técnicas Experimentais en Física Aplicada

Propiedades do Transporte

6

Optativo

Análise Térmica de Polímeros

6

Optativo

Física Aplicada a Polímeros

Propiedades Mecánicas de Polímeros

6

Optativo

Procesado, Estrutura e Morfoloxía de Materiais e Polímeros

6

Optativo

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Especialidade: Física Aplicada ao Ambiente

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Física de Dieléctricos

6

Optativo

Descricións Xerais

Física de Disolucións

6

Optativo

Física dos Fenómenos Críticos

6

Optativo

Materiais Poliméricos

6

Optativo

Tratamiento e Xestión de Residuos Sólidos Urbanos

6

Optativo

Contaminantes, Tratamento e Detección

Contaminantes de Tipo Físico

6

Optativo

Física de Teledetección

6

Optativo

Física da Variabilidade e o Cambio Climático

6

Optativo

Modelos

Modelización Numérica de Dispersión de Contaminantes

6

Optativo

Procesos Físicos en Oceanografía

6

Optativo

Bases Físicas de Modelos Atmosféricos e Climáticos

6

Optativo

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Especialidade: Tecnoloxías do Láser

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Procesado Láser de Superficies Finas

6

Optativo

Aplicacións Físicas dos Láseres

Procesado de Materiais Mediante Láser de Alta Potencia

6

Optativo

Tecnoloxía Óptica de Medida e Inspección

6

Optativo

Modelos e Simulación Numérica en Aplicacións dos Láseres

6

Optativo

Técnicas de Caracterización de Películas Delgadas e de Superficies

6

Optativo

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Materias optativas sen especialidade

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Física Estadística

6

Optativo

Materias Complementarias

Física Computacional

6

Optativo

Física Matemática

6

Optativo

Aplicacións dos Láseres

6

Optativo

Aplicacións da Holografía

6

Optativo

Física do Cosmos

6

Optativo

Física Solar

6

Optativo

Para a obtención do título de máster universitario en Física Aplicada o alumnado deberá superar 24 ECTS da especialidade que elixa, 24 ECTS de carácter optativo que escollerá entre todas as materias ofertadas no máster e 12 ECTS do Traballo Fin de Máster.