Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9694

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Tradución Multimedia.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tradución Multimedia pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Tradución Multimedia

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

18

Optativas

30

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia

6

Obrigatorio

Teórico Metodolóxico

Aspectos Interculturais da Tradución Multimedia

6

Obrigatorio

Recursos Documentais para a Tradución Multimedia

6

Obrigatorio

Dobraxe

6

Optativo

Tradución Audiovisual

Subtitulado

6

Optativo

Voice-Over e Tradución de Documentais

6

Optativo

Localización de Páxinas Web

6

Optativo

Localización

Localización de Programas Informáticos

6

Optativo

Localización de Videoxogos

6

Optativo

Prácticas en Empresas

6

Obrigatorio

Práctico

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Tradución Multimedia, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.