De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno local do 15.2.2012, por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, para a adxudicación do contrato da xestión do servizo público de axuda a domicilio do concello do Carballiño, conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello do Carballiño.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de axuda a domicilio do concello do Carballiño.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Tipo de licitación:
a) Importe total: 228.480 euros (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello do Carballiño.
b) Domicilio: Praza Maior, 1
c) Localidade e código postal: O Carballiño - 32500.
d) Teléfono: 988 53 00 07.
e) Telefax: 988 53 00 08.
f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
8. Criterios de avaliación:
a) Indícanse na claúsula 15 do prego.
9. Presentación das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: rematará aos 15 días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación do último anuncio no BOP, DOG ou perfil de contratación do Concello do Carballiño (www.carballino.org).
b) Documentación que se debe presentar: segundo o especificado nos pregos de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Concello do Carballiño.
2. Domicilio: Praza Maior, 1.
3. Localidade e código postal: O Carballiño - 32500.
4. Lugar: Rexistro Xeral do Concello.
5. Horario: das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres e sábado das 10.00 ás 13.00 horas. Se o último día do prazo de presentación fose festivo, entenderase prorrogado o prazo ata o día seguinte hábil.
10. Apertura da documentación:
a) Entidade: Concello do Carballiño.
b) Domicilio: Praza Maior, 1.
c) Localidade: O Carballiño.
d) Data: ás 10.00 horas do terceiro día hábil, logo da terminación do prazo de presentación de proposicións.
O Carballiño, 16 de febreiro de 2012.
O alcalde