Por acordo da Xunta de Goberno local deste Concello, adoptado na sesión do 7 de decembro de 2011, acordouse prestar aprobación inicial ao estudo de detalle presentado por Inversiones Rodellino Carral, S.L. e Gestión Inmobiliaria Esnero, S.L. referido á rúa Manuel Jesús Méndez Búa ata a praza da Capela, para reaxuste de aliñacións existentes no planeamento.
O que en cumprimento do disposto no artigo 73 e 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, se fai público para xeral coñecemento por un prazo de vinte días contado desde o seguinte ao desta publicación no DOG para que poida ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello.
Carral, 17 de febreiro de 2012.
José Luis Fernández Mouriño
Alcalde