Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 5 de marzo de 2012 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes 15R002/21/2011 e 15R002/22/2011.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe do Servicio Provincial da Coruña do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2.º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R002/21/2011.

Interesada: Establecimientos Miro.

CIF: B68754814.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R002/22/2011.

Interesada: Exotic World Park, S.L.

CIF: B54296306.

Acto notificado: resolución de expediente.