Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 24 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle dá publicidade ao inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da comisión provincial do 20 de xuño de 2011.

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro da bolsa concedida, identificada no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición da interesada o expediente para que consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, alegue e presente os documentos e xustificacións que coide pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70. 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que a interesada estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 24 de febreiro de 2012.

José Jesús Ramos Ledo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesada: Helen Aparecida Esteves. Rúa Roberto Baamonde, 141, 3.º A. Monforte de Lemos (Lugo).

NIF: Y0741337S.

Importe: 2.244,00 €.

Curso: 2010-2011.

Causa: 10.2. Estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel para o que solicita a bolsa.

Interesads: Adriana Folgueira Buide. Avenida Paulo Fabio Máximo, 50, 1.º C. Lugo (Lugo).

NIF: 34280658D.

Importe: 204,00 €.

Curso: 2010-2011.

Causa: 1.1. Baixa no centro.