Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle, Ourense.
Denominación: L.M.T. e C.T. Juan XXIII.
Situación: concello de Chantada.
Características técnicas:
• L.M.T.S. a 20 kV consistente en anelar na liña CHA804 o C.T. proxectado entre o C.T. Ribeira Sacra e o C.T. avda. de Monforte, 14, cunha lonxitude de 36 metros en condutor R.H.Z.1. 240.
• C.T. Juan XXIII en edificio non prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 23 de febreiro de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo