Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2011/121-2, 7956 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle, Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. Galicia, 17.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• L.M.T.S. a 20 kV consistente en anelar na liña SAR811 o C.T. proxectado entre o C.T. rúa Castelao e o C.T. colexios, cunha lonxitude de 30 metros, en condutor R.H.Z.1. 240.

• C.T. Galicia 17, en edificio non prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo