Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivo do expediente sancionador 2011205SEA, por infraccións en materia sanitaria.

O 1 de febreiro de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución de arquivo do expediente sancionador n.º 2011205SEA incoado a Baldomero Regueiro Calviño.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Baldomero Regueiro Calviño o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2011205SEA.

Interesado: Baldomero Regueiro Calviño.

DNI/NIF/CIF: 44808827C.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Franco, 13. 15702 Santiago de Compostela.

Resolución: artigo 20.4 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba regulamento para o exercicio da potestade sancionadora. Dítase declaración de non responsabilidade polo que se arquiva o expediente.