Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de marzo de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona requirimento de documentación en relación coa solicitude de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar e se empraza a interesada para ser notificado por comparecencia (Mudanzas Villalba, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase requirimento de documentación en relación coa solicitude de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa A Pastoriza 8 4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencias

Mudanzas Villalba, S.L.

B27239458

Rúa de Galicia, 54-3.º

27800 Vilalba-Lugo

11790037270

11790104910

11790271999