Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de marzo de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona reintegro e xuros de axudas e subvencións pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Navigal Galega, S.L.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase reintegro e xuros de axudas e subvencións pendente de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Navigal Galega, S.L.L.

B36993871

Segovia, 7, 2.

36205 Vigo, Pontevedra

500110022773

500110022774

67.500,00 €

13.830,57 €