Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9615

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de licitación do servizo de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: adxudicación do servizo de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria do Concello de Bueu.

3. Prazo de execución do contrato: segundo establece a cláusula 5 do prego.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Base ou tipo de licitación: observarase o disposto na cláusula 3 do prego.

5. Garantía provisoria: de conformidade co establecido no artigo 103 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, establécese unha garantía provisoria de 9.600 €, equivalente ao 2% do orzamento do contrato.

6. Garantía definitiva: segundo establece a cláusula 17 do prego.

7. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Bueu, Eduardo Vincenti, 10. CP 36930. Bueu, Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99 e no perfil do contratante na páxina web do concello: www.concellodebueu.org

8. Capacidade para contratar: segundo o establecido na cláusula 7 do prego.

9. Clasificación: segundo establece a cláusula 8 do prego, os licitadores deberán acreditar a clasificación no grupo L, subgrupo 2, categoría A.

10. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os trece (13) días naturais desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG, BOP ou no perfil do contratante). Das 8.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; das 9.30 ás 13.00 horas, os sábados, no Rexistro Xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego.

b) Documentación que deben presentar: segundo o establecido na cláusula 11 do prego.

11. Apertura das proposicións económicas: segundo establece a cláusula 15 do prego.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ao mesmo tempo, procédese á exposición pública do prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas, para que durante o prazo dos 4 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG, BOP ou no perfil do contratante) poidan presentar reclamacións contra el.

Máis información nos pregos, para consultar en horario de oficinas na propia casa do concello e na páxina web do concello (perfil do contratante, www.concellodebueu.org).

Bueu, 24 de febreiro de 2012.

Félix Juncal Novas
Alcalde