Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública LAP/192/2011.

Yolanda Guldrís Seijas solicitou licenza de apertura para aparcadoiro na rúa Suarribas, Santiago de Compostela (A Coruña). De conformidade co Decreto n.º 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/192/2011 pódese consultar no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación
e Cidade Histórica