Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da adquisición de placas para a realización de mamografías do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (MS-CON1-12-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2.ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MS-CON1-12-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de placas para a realización de mamografías do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: doce meses desde a súa formalización.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 24931000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Melloras

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Prezo

0-80

4. Valor estimado del contrato: 193.155,84 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 83.980,80 euros. Importe total: 90.699,27 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver os números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, de proceder: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso en que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver a folla de especificacións e o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos