Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de deseño, organización e execución da loxística de distribución de comidas, instrumental e valixa do Hospital Universitario Lucus Augusti e do Hospital de Calde de Lugo (AB-CHX1-12-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). San Cibrao, s/n (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: San Cibrao, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-CHX1-12-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: deseño, organización e execución da loxística de distribución de comidas, instrumental e valixa do Hospital Universitario Lucus Augusti e do Hospital de Calde de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: San Cibrao, s/n.

2) Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 63000000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 713.983,05 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 285.593,22 euros.

Importe total: 337.000 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): R, 1, C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a citada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: San Cibrao, s/n.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. San Cibrao, s/n.

c) Localidade: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 7 de marzo de 2012.

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo