Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de febreiro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/18/2012, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o día 1 de febreiro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística aos herdeiros de Manuel Ponte Vila, en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na parcelación urbanística dun terreo e na construción dunha vivenda unifamiliar e dunha soleira para a construción doutra vivenda no lugar de Outeiro, parroquia de Carballo, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos cales se pretendan valer.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística