Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012 pola que se aproba a apertura dunha convocatoria pública para seleccionar un operador para realizar a actividade de tráfico marítimo no peirao comercial do porto de Laxe.

Anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes para realizar a actividade de tráfico marítimo no peirao comercial do porto de Laxe, que se rexerá polo prego de bases aprobado para os efectos, o cal se atopa á disposición dos interesados nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, sitas na avda. Alférez Provisional, 5-1.º, 15006 A Coruña e nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitas na praza Europa, 5-A-6.º.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do décimo (10.º) día hábil seguinte ao da súa publicación. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia