Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica nos concellos de Bergondo, Paderne e Miño (expediente IN407A 483/2004).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I ao modificado I L.M.T.S. subestación Pedrido-urbanización Anacara sector I Perbes.

Situación: concellos de Bergondo, Paderne e Miño.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, tramo subestación Pedrido a C.T. avda. Xeneralísimo, 22, cunha lonxitude de 2,769 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2 OL-12/20 kV.3(1×240) mm² Al, con orixe na cela de liña existente na subestación Pedrido (expediente 6393), no concello de Bergondo, cun primeiro tramo desde a subestación Pedrido ata o punto 12 de 1,065 km en canalización existente do anexo II da L.M.T. cruzamento ría do Pedrido, liñas n.º 5, 9 e 10 (expediente IN407A 2006/57), nos concellos de Bergondo e Paderne, e final na cela de liña existente no C.T. avda. Xeneralísimo, 22 (expediente IN407A 2005/565), no concello de Miño.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, tramo deriv. de C.T. Sombreu a L.M.T. a C.T. Autoestrada-Peaxe, cunha lonxitude de 0,226 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2 OL-12/20 kV.3(1×240) mm² Al, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. PED-705 entrada avda. Xeneralísimo (expediente IN407A 2000/58), en punto de acceso a rede proxectado diante do C.T. avda. Xeneralísimo, 22 (expediente IN407A 2005/565), e final en paso aéreo-subterráneo que se instalará no apoio existente n.º 24 da L.M.T. PED-705, onde actualmente se realiza o paso aéreo-subterráneo que se retirará cara ao C.T. avda. Xeneralísimo (expediente 50742), no concello de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial