Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 10/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. rúa Rey Abdullah.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,026 km, con orixe en empalmes que se van realizar na L.M.T.S. SPV-703, entre o C.T. avda. Fisterra (expediente 13/2003) e o C.T. particular Sanatorio Modelo e final no C.T. Rey Abdullah proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al).

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630+630 kVA, e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial