Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Vivienda Protegida de Vigo, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto en el artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e o artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que esta Xefatura Territorial de Vigo resolveu inscribir neste Rexistro provincial de cooperativas a modificación dos estatutos sociais da entidade Vivienda Protegida de Vigo, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral que tivo lugar o 15 de decembro de 2011. Neste rexistro consta a modificación do artigo 3 relativo ao obxecto social, elimínase o punto 6.º e renuméranse os puntos, modifica o punto 1.º que queda redactado como segue: «A cooperativa terá como obxectivo a realización dunha promoción de vinte (20) vivendas libres ou de protección autonómica, única e exclusivamente, para os seus socios. Con esta finalizade, procurará solo suficiente que permita a súa construción de acordo coa normativa vixente. As vivendas, obxecto de promoción, situaranse no ámbito de Vigo (Pontevedra), dentro dos límites autorizados pola lexislación de vivendas de protección autonómica».

Vigo, 17 de febreiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo