Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (961/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 961/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 961/2009, en que foi demandante David Ulloa López, asistido polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Rótulos del Noroeste, S.L. Foi citado da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por David Ulloa López contra Rótulos del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboarlle a David Ulloa López a cantidade de 4.038,91 euros que lle debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Rótulos del Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado