Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (987/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co n.º 987/2009 foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 987/2009, sendo demandante Manuel Bocija Beade, representado polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Fersi Comunicaciones, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Manuel Bocija Beade contra Fersi Comunicaciones, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Manuel Bocija Beade a cantidade de 262 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Fersi Comunicaciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial