Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

EDICTO de solicitude de licenza municipal para a instalación dunha carpintaría metálica.

Aluponte, S.L. solicitou neste concello unha licenza municipal para acondicionar e instalar unha nave de carpintaría metálica, no polígono empresarial de Tella (parcelas A-4, A-5).

Este expediente expoñerase ao público durante vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, na secretaría deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ponteceso, 17 de xaneiro de 2012.

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde