Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9122

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/04/12).

Recarbe Galicia, S.L. solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado á venda retallista e mantemento de carretas elevadoras, que se situará no Camiño da Ribeira, estrada cortada, s/n, nave C, Torneiros, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/04/12, na sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 7 de febreiro de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde