Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de exposición pública (expediente 11/0043 U).

A Alcaldía Presidencia, mediante Decreto do 31 de xaneiro de 2012, aprobou inicialmente a modificación puntual do estudo de detalle da UA-3 (Unidade de Actuación número 3), no barrio de Vilameán, parroquia de Nigrán, promovido por Proavia Simtegal, AIE e Promotora Gallega Lourido, S.L., e redactado polo Estudio de Arquitectura y Urbanismo OPV (arquitectos Jorge González Herrero e José Melero Currás).

Durante o prazo dun mes exponse ao público co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ao mesmo tempo acordouse a suspensión das licenzas no expresado ámbito ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 7 de febreiro de 2012.

Alberto Valverde Pérez
Alcalde