Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de marzo de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión dos viveiros G. II e Meira II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión inter vivos dos viveiros G. II e Meira II e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 14 de febreiro de 2012, Ignacio Villanueva González (35879196-R), no nome e representación de Mariscos Piscis, S.L. (B36175776), solicitou autorización para transmisión das concesións dos viveiros G. II e Meira II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Rubén Antepazo Miranda (77010142-R), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: G. II.

Localización:

Cuadrícula n.º: 48.

Polígono: F.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate de vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Meira II.

Localización:

Cuadrícula n.º: 1.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.9.1967.

Remate de vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Piscis, S.L. (B36175776).

Novo titular: Rubén Antepazo Miranda (77010142-R).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de marzo de 2012.

P.A. (Resolución 25.1.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo