Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9053

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófano.

Convocada pola Resolución do 6 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 196, do 13 de outubro), a provisión dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófano neste centro, esta xerencia, conforme a competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia n.º 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de supervisor/a da Unidade de Quirófano, convocada pola Resolución do 6 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 196, do 13 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante. O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibindo os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ribeira, 30 de xaneiro de 2012.

Luis González Taboada
Xerente executivo do Hospital da Barbanza

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a da Unidade de Quirófano.

Código orzamentario: S-A2-03.

Nome e apelidos: María Isabel Dieste Regades.

DNI: 52456809-L.