Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9049

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 27 de febreiro de 2012 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º do citado decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dous postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Consellería de Economía e Industria, no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderanse presentar en calquera das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía e Industria. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, o funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar ao seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Código: INO191000027001001.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Consumo.

Dependencia: Xefatura Territorial (Instituto Galego de Consumo).

Localidade: Lugo.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral, especial, xeral (escala Inspección de Consumo).

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 euros.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Código: INO191000036001001.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Consumo

Dependencia: Xefatura Territorial (Instituto Galego de Consumo).

Localidade: Pontevedra.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral, especial, xeral (escala Inspección de Consumo).

Subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 14.604,66 euros.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

missing image file