Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9055

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se resolve a reavaliación do posto de persoal licenciado sanitario da xefatura do Servizo de Rehabilitación deste complexo.

Convocada por Resolución do 28 de outubro de 2011 da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (DOG n.º 224, do 23 de novembro), o procedemento para a reavaliación do posto de persoal licenciado sanitario da xefatura do Servizo de Rehabilitación deste complexo hospitalario, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a prórroga do nomeamento para o posto de xefe do Servizo de Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, convocada pola Resolución do 28 de outubro de 2011.

Segundo. Prorrogar o nomeamento para o posto que se indica da persoa citada no anexo desta resolución, por un período de catro anos. Cando remate este prazo realizarase un novo procedemento de reavaliación.

Terceiro. A prórroga terá a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 2 de febreiro de 2012.

Francisco A. Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Nome e apelidos: Francisco Javier Juan García.

DNI: 35413045-Z.