Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 15 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións de recursos aos solicitantes de procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 61 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día de resolucións de recurso de alzada instadas polos interesados, publícase mediante este edicto o contido das resolucións, contra os que poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, n.º 8-1.ª), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Vigo, 15 de febreiro de 2012.

M.ª Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome: Álvarez Cancio, Rodolfo.

DNI/NIE: 39493127B.

N.º expediente: 36057008910.

Concello: Vigo.

Documentación, recurso: Risga.