Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012 pola que se fai pública a anulación da convocatoria de licitación da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Centro Galego de Arte Contemporánea.

O secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de competencias segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 27, do 8 de febreiro), resolveu anular a convocatoria, por procedemento aberto con pluralidade de criterios, tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos de vixilancia e seguridade do Centro Galego de Arte Contemporánea, publicado en DOG núm. 17, do 25 de xaneiro de 2012, e resolución de corrección, publicada en DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2012.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura