Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 8981

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes, e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase un curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data.

Do 13 ao 21 de abril de 2012.

4. Lugar de celebración.

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1.º.

27004 Lugo.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 13.4.2012

16.00-18.00 h

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas. Riscos derivados da manipulación de biocidas.

18.00-21.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

Día 14.4.2012

9.00-11.00 h

Técnicas de aplicación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

11.00-14.00 h

Hixiene e seguranza na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

Día 20.4.2012

15.30-17.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

17.00-21.00 h

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas. Destrución de envases.

Día 21.4.2012

9.00-13.30 h

Prácticas: actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

13.30-14.30 h

Exame tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas de nivel básico.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: do 13 ao 21 de abril de 2012.

Lugar de celebración do curso:

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1.º.

27004 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o día 13 de abril das 16.00 ás 21.00 horas, o 14 de abril das 9.00 ás 14.00 horas, o 20 de abril das 15.30 ás 21.00 horas, e o día 21 de abril das 9.00 ás 14.30 horas.

N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, r/ Concepción Arenal, 18-1.º. 27004 Lugo, teléfono: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 9 de abril de 2012.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos:

Nome:

NIF:

Enderezo:

Localidade:

Teléfono: Fax:

Empresa: