Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 8985

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas de nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data.

Do 20 de abril ao 26 de maio de 2012.

4. Lugar de celebración.

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1.º.

27004 Lugo.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 20.4.2012

16.00-21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 21.4.2012

10.00-14.00 h

Praguicidas (II).

16.00-20.00 h

Manipulación: formulacións e preparacións.

Día 27.4.2012

16.00-21.00 h

Pragas específicas (I).

Día 28.4.2012

10.00-14.00 h

Pragas específicas (II).

16.00-20.00 h

Pragas específicas (III).

Día 4.5.2012

16.00-21.00 h

Aplicación de raticidas para ratos e ratas. Aplicación de insecticidas e acaricidas.

Día 5.5.2012

10.00-14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00-20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección.

Día 11.5.2012

16.00-19.00 h

Exercicios prácticos.

19.00-21.00 h

Praguicidas e ambiente (I).

Día 12.5.2012

10.00-14.00 h

Praguicidas e ambiente (II).

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguranza (I).

Día 25.5.2012

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguranza (II).

Día 26.5.2012

10.00-13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas de nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: do 20 de abril ao 26 de maio de 2012.

Lugar de celebración do curso:

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1.º.

27004 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o día 20, 27 de abril, 4, 11 e 25 de maio das 16.00 ás 21.00 horas, o 21, 28 de abril, 5 e 12 de maio das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, o 26 de maio das 10.00 ás 14.00 horas.

N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, r/ Concepción Arenal, 18-1.º. 27004 Lugo, teléfono 982 24 39 44, fax 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Fecha límite de presentación de solicitudes: 16 de abril de 2012.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos:

Nome:

NIF:

Enderezo:

Localidade:

Teléfono: Fax:

Empresa: