Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2009/0420-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia (paralizado o 24.11.2009), ao ter entrada no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a comunicación da firmeza da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social da Coruña, ditada no procedemento núm. 1256/2009.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificante de notificación (27.8.2009).

– Escrito de alegacións (14.9.2009).

– Informe da Inspección de Traballo.

– Demanda de oficio.

– Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que consideren pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2009/0420-4.

Acta n.º: I362009000091611.

Empresa: Abside Recursos Humanos ETT, S.A.

NIF: A-36329977.

Enderezo: plaza de Galicia, 19-1.º Vilagarcía de Arousa.

Vigo, 16 de febreiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo