Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2011/217-1 e RL 2011/479-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2011/217-1.

Acta inf. n.º: I152011000053437.

Empresa: California, S.L.

NIF: J70153366.

Enderezo: praza Europa 1-baixo, 15670 Culleredo.

Materia: traballo (atraso reiterado no aboamento de salarios).

Normativa infrinxida: artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 29.9.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a California, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente n.º: RL 2011/479-1.

Acta inf. n.º: I152011000117802.

Empresa: Obras y Contratas Cambre, S.L.

NIF: B70253224.

Enderezo: praza da Ría 3-1.º C, 15679 Cambre.

Materia: seguridade e hixiene (falta de planificación preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigos 1, 2, 3 e 4 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 19.10.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Obras y Contratas Cambre, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 23 de febreiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña