Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a convocatoria mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo) para o alleamento das madeiras que se citan da provincia de Ourense.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 42, do 29 de febreiro, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 7446, onde di: «a apertura dos sobres coas ofertas económicas terá lugar na Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (avenida da Habana n.º 79, baixo, Ourense)», debe dicir: «a apertura dos sobres coas ofertas económicas terá lugar na Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar (Florentino López Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense)».