Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica (expediente IN407A 2011/305-1).

Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Tecnología y Reciclaje de Materiales, S.L.

Domicilio social: lugar do Cebreiro, s/n, O Pino, 15821 A Coruña.

Denominación: centro de seccionamento e C.T. para establecemento de reciclaxe de residuos plásticos.

Situación: explotación mineira Riotinto, Arinteiro, O Pino.

Características técnicas: centro de seccionamento e medida prefabricado. Liña media tensión soterrada desde C.S. a C.T., condutor R.H.Z.1 12/20 kV 3×(1×95) mm2 Al, baixo tubo, 20 m. Centro de transformación en obra de fábrica, transformador de aceite 20/0,42 kV, 1.000 kVA.

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das referidas instalacións, das cales as súas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial