Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, do contrato mixto de servizos e subministración relativo á limpeza das dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense (expediente 05/12 SX).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4.º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfonos: 981 54 55 22, 981 54 55 23.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://economiaeindustria@xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 05/12 SX.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto de servizos e subministración.

b) Descrición: a execución dos traballos necesarios para lograr unha axeitada limpeza das dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense e a subministración e reposición de determinados materiais de aseo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: 18 meses que se contarán desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 105.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 52.500 euros. Importe total: 61.950 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, no caso de estar en posesión da clasificación grupo U (servizos xerais), subgrupo 1 (servizos de limpeza en xeral), categoría A, esta terá carácter substitutorio das solvencias referidas no punto seguinte.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía no complexo administrativo de San Caetano.

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Correo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B).

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) A data e a hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobres B.

10. Gastos de publicidade: 10,82 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17231

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 30.4.2009, DOG n.º 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria