Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela, por acordo do Pleno do 1 de marzo de 2012, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo poderá ser examinado nas dependencias municipais por calquera persoa interesada, para que formule as alegacións que considere pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas, durante o prazo de dous anos como máximo ou ata a aprobación definitiva do plan, para as seguintes áreas:

3.1. Licenzas de parcelación e obras de nova edificación nos seguintes ámbitos de solo urbano:

a) Nos ámbitos dos polígonos de solo urbano non consolidado recollidos no PXOM aprobado inicialmente e identificados coma P1, P2, P3, P4, P5, P6, P7, P8, P9, P10, P11, P12, P13, P14, P15, P16, P17, P18, P19, P20, P21, P22, P23, P24 e P25.

b) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma R.C. -residencial cerrada-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 1. Pechada.

c) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma R.C.E. -residencial cerrada extensiva-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 1. Pechada.

d) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma R.A. -residencial aberta-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 2. Aberta.

e) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma R.A.U. -residencial aberta unifamiliar-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 3. Unifamiliar.

f) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma RME. - residencial mixta extensiva, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 2. Aberta.

g) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas como I. -industrial-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 5. Industrial-comercial.

h) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma I./R.C. -industrial residencial cerrada-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 5. Industrial-comercial.

i) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas como D. -dotacional-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 6. Dotacional.

j) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma E.L. -espazo libre-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 7. Espazos libres.

k) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma N.R.F. -núcleo de poboación de formación recente-, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 3. Unifamiliar.

l) Nas zonas de ordenación de solo urbano consolidado que están clasificadas coma Ordenanza 4. Conservación, segundo a normativa vixente, que non estean clasificadas no PXOM aprobado inicialmente coa Ordenanza 4. Conservación.

3.2. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación e obras de nova edificación nos seguintes ámbitos clasificados como solo rústico, núcleo rural ou solo urbano na normativa vixente e clasificados como solo urbanizable no PXOM aprobado inicialmente, SURB-R01, SURB-R02, SURB-R03, SURB-R04, SURB-D01, SURB-D02, SURB-D03, SUR-101 e SUR 102.

3.3. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación e obras de nova edificación naqueles ámbitos en calquera clase de solo urbano, núcleo rural, urbanizable ou rústico, clasificado pola normativa vixente e en que o PXOM aprobado inicialmente sitúe equipamentos, dotacións ou espazos libres non previstos na normativa vixente.

3.4. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas nos edificios e bens de carácter etnográfico que se inclúan no catálogo do PXOM aprobado inicialmente, excepto aqueles que se autoricen simultaneamente pola normativa vixente e polo PXOM aprobado inicialmente segundo o nivel de catalogación que corresponda.

3.5. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas nos solos afectados por bens de carácter arqueolóxico que se inclúan no catálogo do PXOM aprobado inicialmente, e identificados como solo rústico de especial protección de patrimonio, así como a súa área de respecto, excepto aqueles que se autoricen simultaneamente pola normativa vixente e polo PXOM aprobado inicialmente segundo o nivel de catalogación que corresponda.

Burela, 2 de marzo de 2012.

Manuel Fernández Valle
Alcalde en funcións