Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de información pública sobre a actividade de edificación de uso industrial para taller na Valenzá.

Maquinor, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para a actividade de edificación de uso industrial para taller de alugamento, venda e reparación de maquinaria na Valenzá; rúa das Balboas n.º 3, 5, 7.

Exponse ao público este edicto durante o prazo de vinte (20) días, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello, desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e formular as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Barbadás, 13 de febreiro de 2012.

O alcalde