Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 20 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica unha resolución de inadmisión da solicitude de axuda á transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, á Central Galega de Mariscos Porta Xacobea, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Central Galega de Mariscos Porta Xacobea, S.A., a resolución de inadmisión da solicitude da axuda á transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciados co Fondo Europeo da Pesca ao abeiro da Orde do 22.12.2010 (DOG número 250, do 30 de decembro).

Contra esta resolución poderá interpor recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte á publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está ao dispor dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar, rúa do Sar, n.º 75, Santiago de Compostela.

Número de expediente: PE201B 2011/27-1.

Nome: Central Galega de Mariscos Porta Xacobea, S.A.

Enderezo: rúa Curtis, 6, 4B, A Coruña.

CIF: A70066394.

Importe do investimento total: 632.285,60 euros.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar