Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica unha resolución de denegación de axuda a tripulantes que pescan na costeira do bocarte a Eddy John Jala Gutiérrez.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Eddy John Jala Gutiérrez a resolución de denegación da axuda a tripulantes que pescan na costeira do bocarte ao abeiro da Orde do 2 de agosto de 2010 (DOG n.º 154, do 12 de agosto).

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte á publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está ao dispor dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar, rúa do Sar, n.º 75, Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE105G.

Nome: Eddy John Jala Gutiérrez.

Enderezo: rúa Laguna 11, p 2-B, Sada (A Coruña).

NIF: X09849052.

Embarcación: Nuevo Roma Tres.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar