Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 23 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dun expediente sancionador a Granitos Almansa, S.L.

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícase a Granitos Almansa, S.L., a proposta de resolución de expediente sancionador de 17 de xaneiro de 2012.

Comunícaselle que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de quince (15) días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5.º andar de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos ache convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra