Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 23 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade das concesións de explotación Meda número 2.474, e Ibérica número 3.844, titularidade ambas de María Goretti Sobrino Maroñas, Paloma Sobrino Maroñas e Óscar Manuel Sobrino Maroñas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a María Goretti Sobrino Maroñas, Paloma Sobrino Maroñas e Óscar Manuel Sobrino Maroñas, con último enderezo coñecido na rúa Progreso n.º 95, 6.º F, 32003 Ourense, como titulares, o acordo de incoación de expediente de caducidade das concesións de explotación Meda n.º 2.474 e Ibérica n.º 3.844, pola causa prevista no artigo 108 c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, «por expiraren os prazos polos cales foron outorgados ou, se é o caso, as prórrogas concedidas», xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificación que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuaren alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 23 de febreiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense