Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: anexo I L.M.T., C.T., R.B.T. Costenla.
Situación: concello de Carballo.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, con orixe no apoio existente n.º 3 da L.M.T. LAR-703, tramo entre derivación ao C.T. A Imende (expediente 31914) e derivación ao C.T. Monte da Mina (expediente 51821), en condutor tipo LA-56, e final no C.T. Costenla (proxectado).
– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, relación de transformación de 15.000/400-230 V, que se situará no lugar de Vilar de Peres-Noicela, no concello de Carballo.
– Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 1,545 km, con orixe no C.T. proxectado de Costenla, con condutores tipo R.Z., e sobre apoios de formigón.
– Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,116 km, con orixe no apoio n.º 24 proxectado e puntos de acceso á rede de baixa tensión proxectados n.º 48, 58, 62 e 66, con condutores tipo X.Z.1.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 14 de febreiro de 2012.
Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial