Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8374

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (1040/2010).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fai saber que no procedemento ordinario 1040/2010 deste xulgado, seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. contra María Josefina Rivas Eijo e Jaime Santos González, se ditou a seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Flora Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 14 de setembro de 2011.

Demandante: Banco Popular Español, S.A.

Avogado: Jorge Castro Díaz.

Procurador: José Antonio Fandiño Carnero.

Demandados: María Josefina Rivas Eijo e Jaime Santos González.

Resolvo que estimando a demanda promovida polo procurador José Antonio Fandiño Carnero, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra María Josefina Rivas Eijo e Jaime Santos González, debo condenar e condeno os demandados solidariamente a aboar a cantidade de 12.849,03 euros máis os xuros de demora pactados, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, agás que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberao constituír ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3561-0000-104010, indicando no campo «Concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil- Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo «Observacións» a data da resolución contra a cal se recorreu co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A maxistrada xuíza

E para que lles sirva de notificación en legal forma a María Josefina Rivas Eijo e a Jaime Santos González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Vigo, 2 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado