Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de información pública sobre a construción dunha nave para exposición e venda de mobles e artigos do fogar e a decoración.

Germán Gutiérrez Entrialgo, actuando en representación de Exclusivas del Mueble Gallegas, S.A., solicitou a licenza para construción de nave para exposición e venda de mobles e artigos do fogar e a decoración, no polígono industrial, parcelas 21 e IR2, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello estase a tramitar o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Pontenova, 31 de outubro de 2011.

Darío Campos Conde
Alcalde presidente