Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (524/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 524/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Andrés Soto Frade contra a empresa Servicur Seguridad, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Gonzalo Andrés Soto Frade, con DNI 32811785-P, contra a empresa Servicur Seguridad, S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 713,84 euros, polos salarios reclamados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g) LPL).

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial