Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (713/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 713/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Amado Touriño contra a empresa Soluquímicas Centro XXI, S.L., Galquímica Comercial, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Jorge Amado Touriño, con DNI 52496260-W, contra a empresa Soluquímicas Centro XXI, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 13.6.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos de data de hoxe, día 8.2.2012, condeno a devandita empresa a avirse a tal declaración e a que aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite

16.216,91 euros

11.661,6 euros

Que debo absolver e absolvo a codemandada Galquímica Comercial, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Soluquímicas Centro XXI, S.L., Galquímica Comercial, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial